A produción de millo na comarca viuse moi afectada pola seca dos últimos meses.
Por: Javier López
Os campos galegos non están preparados para as vagas de calor nin para os períodos longos de seca. Un exemplo diso é a falta de chuvia que está afectando de maneira considerable ás plantacións de millo. As altas temperaturas do verán e a escaseza de auga impediron o crecemento normal destas plantas. Esperábanse precipitacións a finais de agosto, pero finalmente nunca chegaron e, como consecuencia, saíu un millo pequeno e seco e, o peor de todo, de moi mala calidade.
As zonas máis afectadas da comarca son as do interior, como Mesía, Trazo, Ordes e Curtis. Das 45.000 hectáreas de millo plantado na provincia da Coruña, 10423 pertencen á comarca de Ordes, é dicir, o 23% da totalidade da produción.