O martes 21 de decembro de 2021, con motivo da fin do trimestre, os estudantes fomos en autobús Á Coruña para ver Spiderman: No Way Home.
Por Carme Roel Sánchez, Selma Blanco Pedreira, Gloria Iglesias Grobas, Martina Carro Freire
Este filme consta de tres elementos básicos e variados: acción, comedia e drama. A isto engadímoslle unhas escenas alucinantes para que o/a espectador/a permaneza totalmente atento/a á pantalla durante as dúas horas de película.
Moitos e moitas dos asistentes remataron en choros, provocando preocupación nos mestres e lagrimeando durante o traxecto de volta. Sen dúbida algunha, en Xanceda xa hai novos seguidores e seguidoras da editorial Marvel: “Pareceume moi bonita e emocionante, aínda que tamén dolorosa, iso que a min este conto de superheroes nunca me chamara moito a atención e tampuco vira antes unha película de Spider-Man, pero pódese ter por seguro que agora vou ver todas as de Marvel”; afirma Martina, alumna de 4º da ESO.
Dende logo, a industria do cine segue a facer películas para que nós voltemos a encher as salas que, durante os inicios da Covid-19, estiveran tan desertas. Voltemos ao cine!