Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos

O accidente, que se produciu arredor das 15.00, tivo como resultado un ferido grave e importantesdanos materiais.

Lugar do accidente

Por: Javier López e Rodrigo Cao

Un camión que circulaba pola N-634 desviouse e bateu contra unha casa situada ao pé da estrada. Co impacto, a cabina do vehículo acabou dentro da vivenda, onde reside unha señora de 80 anos que nese intre estaba durmindo. O inmoble sufriu severos danos materiais, xa que se derrubaron as paredes de dous dos seus cuartos. Afortunadamente, a cisterna do camión, que se destina ao transporte de leite, ía baleira; ademais, antes de chocar contra a casa, impactou nun poste de electricidade, polo que se reduciu a súa velocidade, evitando que chegase ata o lugar onde se encontraba a señora. O gardarraíl foi baldío nesta situación, xa que o camión entrou por un lateral da vivenda e non frontalmente.

O condutor foi evacuado de urxencia en helicópteroao Hospital de Santiago con feridas graves. Agora, a dona da casa está pendente de que o seguro se faga cargo das obras mentres ela subsiste como pode na vivenda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *