Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Alumnado danés visita as terras de Xanceda

O pasado domingo 6 de abril recibimos unha visita moi especial dende Dinamarca: 11 estudantes do colexio “Ranum Efter College” conviviron con parte do alumnado de 3º e 4º da ESO, xa que se aloxaron nas vivendas destes.

O CPI de Xanceda participa no programa Erasmus+ (24-25)

Durante a súa estancia asistimos a unha serie de actividades e realizamos saídas didácticas organizadas polo centro C.P.I de Xanceda. A continuación comentamos brevemente algunhas das actividades.

Domingo 6 de abril:

A primeira actividade foi un encontro entre todo o alumnado que participa no Erasmus. Para iso, contamos coa colaboración do Bar Casa Mosquera, onde picamos algo, mentres un cantante de entretemento amenizaba a xuntanza. Arredor das catro da tarde cada familia marchou co seu acompañante danés ou danesa e tivemos o día libre para realizar diferentes actividades. Uns foron a Santa Cristina, outros a Betanzos, outros a ver partidos de fútbol ou comer a Ordes.

Luns 7 de abril:

O luns, a primeira hora da mañá, tomamos o autobús e chegamos ata o colexio. Despois dispuxémonos a andar ata o Bar Faustino, onde nos esperaba un delicioso almorzo, con comida típica de aquí. Ao rematar voltamos ao colexio para ensinarlles as instalacións que ofrece o C.P.I de Xanceda.

Ao medio día, tiñamos como destino Santiago de Compostela. Aquí visitamos a Catedral, o Pórtico da Gloria, as cubertas da Catedral, a Zona Vella da cidade… Ao rematar as visitas, o alumnado dispuxo de tempo libre antes de regresar para a casa.

Martes 8 de abril

O martes, a primeira hora da mañá, collemos novamente o bus escolar, que nos trouxo ata o colexio para comezar un novo día. Tivemos unha actividade cultural e musical con dúas horas de duración: “Taller de Voces Africanas” .

Ao rematar a sesión, puxemos rumbo á Coruña, para visitar o Aquarium, o Planetarium, camiñar polo paseo marítimo da cidade e ir á praia das Lapas. Ao rematar a visita voltamos para á casa.

Mércores 9 de abril

O mércores fomos ao colexio á mesma hora. O alumnado danés dirixiuse a recibir clases de historia e mais de castelán. Ao rematalas, ás 11, saímos andando con destino a Casa Grande de Xanceda. Aquí vimos todo o funcionamento da granxa, a elaboración dos diferentes produtos, os coidados dos animais… Regresamos a pé ás 13:00 horas e chegamos ao colexio ás 15.00, onde nos agardaban comidas españolas que os daneses e todo o alumnado degustamos.

Pola tarde tivemos de novo tempo libre. Xa era o penúltimo día de estancia. Uns foron ao centro comercial, outros visitar Fisterra, outros de ruta, restaurantes.

Xoves 10 de abril

O último día, os daneses e as familias tivemos que madrugar moito, xa que deixamos ao alumnado visitante no centro ás 7:30 da mañá para coller o autobús e poder emprender a viaxe de volta cara a Ranum.

Foi unha experiencia por parte de todos inolvidábel e estamos agradecidos por este programa Erasmus.“Vi kommer straks” –> Vémonos pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *