Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Arde un almacén en Visantoña

O pasado domingo 5 de decembro ardeu un almacén que contiña diverso material no seu interior
na localidade de Mesía
.

Por María Bello

Ás dez da mañá do domingo 5 de decembro do 2021, o 112 recibiu unha chamada alertando dun
lume nunha casa de Visantoña. Os bombeiros de Ordes, xunto co Grupo de Emerxencias
Supramunicipal de Curtis, trasladáronse ata o lugar para sufocar o lume e conseguírono antes do
mediodía. Unha vez que extinguido, os bombeiros confirmaron que o que ardeu foi un almacén
situado ao lado dunha vivenda, pero esta non sufriu danos.

A hipótese que se baralla é que o incendio foi provocado por un curtocircuíto, aínda que a día de
hoxe non se coñece a verdadeira causa do incidente.

O tellado do almacén colapsou e a estrutura do mesmo sufriu grandes danos. No seu interior
almacenábanse diversos materiais que resultaron calcinados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *