Francisco Fernández Del Riego
Por: Alba Fiaño e Jennifer López O pasado mércores 17 de maio celebrouse o día das letras galegas. Cada ano, este día adícaselle a unha persoa que destacase pola súa creación literaria ou pola defensa do galego. Este ano 2023 dedícaselle a Francisco Fernández del Riego. Francisco Fernández del Riego naceu en Lugo o 7 de xaneiro de 1913 e morreu en Pontevedra o 26 de setembro de 2010. Foi un narrador, escritor e editor galego. Comezou a estudar a carreira de Dereito en Madrid en 1930 e rematouna en Santiago de Compostela no ano 1934. Ao comezar guerra civil, en 1936, alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades políticas e, cando rematou, instalouse en Vigo. En 1992 publicou un libro chamado “O cego de Pumardedón” no que conta a través da ficción as súas vivenci...