Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Alba Sanjurjo

Suspendido o transporte escolar no CPI de Xanceda debido ao temporal de vento e neve
CPI Xanceda

Suspendido o transporte escolar no CPI de Xanceda debido ao temporal de vento e neve

A borrasca Gérard provocou que a Xunta de Galicia activara unha alerta laranxa e se suspendera o transporte escolar na xornada de tarde. Xeada no patio traseiro do CPI de Xanceda Por: Alba Sanjurjo e Alba Suárez O pasado martes 17 de xaneiro, ao amencer xa se vían claras mostras do temporal que acababa de comezar. A pesar de todo, durante a mañá, non houbo avisos de alerta laranxa na provincia da Coruña, nin cancelación do transporte escolar, polo que o alumnado acudiu ás clases coma se fose outro día calquera. Houbo fortes choivas e correntes de vento durante a maior parte da mañá, por iso a Consellería de Educación decidiu que non habería transporte escolar de volta. A causa disto, entre as 10:30 e as 11:00, o profesorado enviou unha mensaxe por Abalar ás familias, o...