Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Alba Sanchez García

TOXOS: PINCHANDO POR MESÍA
CPI Xanceda

TOXOS: PINCHANDO POR MESÍA

Foto do grupo co percursionista Robin Leira da orquestra New York. Carme Roel Sánchez, Sara Sánchez Cernadas e Alba Sánchez García Os alumnos e alumnas de 4 da ESO, coa axuda da profesora de música, Patricia e os alumnos de 3 da ESO, crearon unha banda: Toxos. A creación da banda ten como finalidade desfrutar da musica por parte de todo o alumnado e recadar diñeiro para a excursión de fin de curso de 4 da ESO. Para realizar as actuacións contaron coa colaboración de diferentes establecementos do concello así, o primeiro concerto tivo lugar no bar Faustino, en Xanceda e o segundo, no Clavel de Visantoña. Nos concertos pódese desfrutar de cancións de ABBA, Police, Alaska, Katy Perry, algunhas típicas galegas como a Rianxeira, e moitas mais. Para tocar estas cancións utilizan ...
Visita ás Fragas do Eume
CPI Xanceda, Medio ambiente

Visita ás Fragas do Eume

O martes día 7 de maio o alumnado da ESO realizamos unha saída ás Fragas do Eume para facer unha ruta e visitar o mosteiro de San Xoán de Caaveiro. A ponte e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Por: Uxía Cernadas Pérez, Miguel González Cabana e Alba Sánchez García Comezamos saíndo do colexio arredor das 10:00. Fomos en dous autobuses, nos cales íamos divididos por cursos: primeiro e segundo nun autobus e terceiro e cuarto noutro. Esta excursión foi organizada polo Departamento de Relixión polo que nos acompañou Marisé, profesora desa materia, e tamén viñeron connosco Sandra e Víctor, ambos os dous profesores de Xeografía e Historia. A visita comezou nunha casa vendo un vídeo sobre as especies que podiamos encontrar pola zona. Entre elas encontrábanse x...