Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Alba Suárez

Lucía Aldao: “A saúde da poesía está mellor ca nunca”
Cultura

Lucía Aldao: “A saúde da poesía está mellor ca nunca”

O pasado mes de marzo conversamos coa escritora Lucía Aldao, a quen lle dedicamos este ano o Día da Poesía no noso centro. Por: Alba Suárez e Noemí Maroño Por segundo ano consecutivo, no colexio dedicamos o Día da Poesía a unha poeta galega. Neste caso a escollida foi Lucía Aldao, que nos visitou no centro e respondeu amablemente ás nosas preguntas. Cando comenzaches a escribir? Escribo desde moi, moi pequeniña, entón tampouco teño unha data moi clara. Teño unha clara que é na que decidín que quería escribir moitos anos máis. Foi estudando sexto de EXB, o que vén sendo o sexto de primaria voso. Unha profe de galego moi querida por min nos mandou de deberes que escribísemos unha historia, que contásemos un conto inventado por nós. Foi a primeira vez que fixen tal cousa e re...