Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Dores Díaz Rifón

José Luis Abal, profesor no CPI de Xanceda: “Esta experiencia permitiume facer a comparativa e a miña conclusión é que temos un bo nivel educativo”
CPI Xanceda

José Luis Abal, profesor no CPI de Xanceda: “Esta experiencia permitiume facer a comparativa e a miña conclusión é que temos un bo nivel educativo”

O día 9 de outubro de 2023, o profesor de Bioloxía, José Luis Abal Fabeiro, partiu de Santiago de Compostela con destino a Toronto, Canadá, para participar no programa PIALE, da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Por: Leire García, Miriam López, Sara Pacheco e Hugo Suárez Catro alumnas/o do 1º curso da ESO quixemos saber máis sobre esta experiencia, polo que aproveitamos o noso xornal dixital para realizar e dar a coñecer esta entrevista. O programa PIALE oriéntase cara á mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua extranxeira do profesorado. Cando e por que tomaches a decisión de solicitar a túa participitación nel? Tomei a decisión o curso pasado, porque foi cando se implantou a sección bilingüe de Bioloxía en 3º da ESO no noso centro. O teu...