Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Javier López

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía
Mesía e comarca

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023. Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal. Total: 1682 Votos en branco: 8 Votos nulos: 15 Abstencións: 465 Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás elecc...
Un camión choca contra unha casa en Cumbraos
Mesía e comarca

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos

O accidente, que se produciu arredor das 15.00, tivo como resultado un ferido grave e importantes danos materiais. Lugar do accidente Por: Javier López e Rodrigo Cao Un camión que circulaba pola N-634 desviouse e bateu contra unha casa situada ao pé da estrada. Co impacto, a cabina do vehículo acabou dentro da vivenda, onde reside unha señora de 80 anos que nese intre estaba durmindo. O inmoble sufriu severos danos materiais, xa que se derrubaron as paredes de dous dos seus cuartos. Afortunadamente, a cisterna do camión, que se destina ao transporte de leite, ía baleira; ademais, antes de chocar contra a casa, impactou nun poste de electricidade, polo que se reduciu a súa velocidade, evitando que chegase ata o lugar onde se encontraba a señora. O gardarraíl foi baldío nesta sit...
Alumnado de Xanceda e da Rúa de Valdeorras únense para visitar a cidade de Lugo e asistir ao Festival de Teatro Grecolatino.
Principal

Alumnado de Xanceda e da Rúa de Valdeorras únense para visitar a cidade de Lugo e asistir ao Festival de Teatro Grecolatino.

A saída didáctica incluíu a visita a algúns lugares de interese, como o Museo Provincial ou o Vello Cárcere de Lugo. Ademais, o alumnado dos dous centros levou a cabo un percorrido polo adarve da muralla romana . Por: Javier López, Sara Martínez e Miguel Pernas O pasado martes 7 de marzo, os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega do CPI de Xanceda organizaron unha saída didáctica a Lugo para o alumnado de 3º e 4º de ESO. O grupo partiu do colexio ás 9.30, a onde regresaron ás 19.15. A primeira visita foi ao Museo Provincial de Lugo, onde o alumnado de Xanceda non estivo só, xa que os acompañaron alumnos e alumnas do IES Cosme López, da Rúa de Valdeorras. Unha vez dentro, o grupo de Xanceda participou nun roteiro literario, para o que tiveron que completar un cues...
Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda
Mesía e comarca

Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda

No accidente, a pesar dos importantes danos que sufriron os vehículos, non houbo feridos de gravidade. Por: Javier López Blanco Vehículos implicados {Fonte: La Voz de Galicia} O suceso ocorreu en Xanceda, no kilómetro 17 da AC-524, nunha pequena recta entre dúas curvas, antes das 8:30 a.m . Unha furgoneta invadiu o carril contrario e acabou impactando contra un turismo que circulaba por ese carril. Os vehículos quedaron moi danados e os seus ocupantes foron trasladados inmediatamente ao hospital, debido a que tanto o condutor da furgoneta como o do coche se queixaban de fortes dores de costas tras o impacto. No turismo viaxaba un ocupante máis que só necesitou atención médica no lugar do accidente. Un dos implicados no sinistro deu aviso ao servizo de emerxencias e dende a ...
Demolen a torre de refixeración da central térmica de Meirama
Medio ambiente

Demolen a torre de refixeración da central térmica de Meirama

A torre de refixeración da central térmica de Meirama foi demolida o pasado 21 de decembro tras dous anos inactiva. Central térmica de Meirama Por: Javier López e Rodrigo Cao A operación activouse ás tres da tarde. Un operativo de seguridade impediu a circulación pola estrada N-550 (entre Ordes e o Mesón do Vento) e obrigou os veciños do arredor a desaloxar as súas vivendas por preucaución. A cheminea foi reducida a cascallos mediante unha explosión controlada; en menos de 10 segundos a torre desapareceu, e dela só quedaron restos de formigón e historia. A demolición desta estrutura, construída hai 42 anos, vai marcar un antes e un despois, xa que desaparecerá un símbolo dunha era, a célebre cheminea que marcou a paisaxe de dúas comarcas. Derrumbamento da torr...
A escaseza de chuvia provoca estragos nas plantacións de millo da comarca de Ordes
Medio ambiente, Mesía e comarca

A escaseza de chuvia provoca estragos nas plantacións de millo da comarca de Ordes

A produción de millo na comarca viuse moi afectada pola seca dos últimos meses. Millo estragado na comarca de Ordes. Por: Javier López Os campos galegos non están preparados para as vagas de calor nin para os períodos longos de seca. Un exemplo diso é a falta de chuvia que está afectando de maneira considerable ás plantacións de millo. As altas temperaturas do verán e a escaseza de auga impediron o crecemento normal destas plantas. Esperábanse precipitacións a finais de agosto, pero finalmente nunca chegaron e, como consecuencia, saíu un millo pequeno e seco e, o peor de todo, de moi mala calidade. As zonas máis afectadas da comarca son as do interior, como Mesía, Trazo, Ordes e Curtis. Das 45.000 hectáreas de millo plantado na provincia da Coruña, 10423 pertence...
O CPI de Xanceda celebra o Magosto e o Samaín
CPI Xanceda

O CPI de Xanceda celebra o Magosto e o Samaín

O alumnado de 3º e 4º ESO prepararon unha gincana para celebrar o Magosto e o Samaín. Entrega de premios aos grupos gañadores dos concursos de vídeos e cabazas. Por: Javier López, Antón Quindimil. O alumnado do CPI de Xanceda celebrou o Magosto e o Samaín o pasado 28 de outubro. A partir das 12.00, suspendéronse as clases para celebrar a festa. O alumnado, moitos deles disfrazados, presenciaron a entrega de premios dos concursos de vídeos de terror e decoración de cabazas. Os grupos gañadores da III Edición do concurso Vídeos de Terror foron 4º de E. Primaria e 1º ESO, nas repectivas categorías. Pero non só os membros destes grupos recibiron premios; tamén houbo agasallos para o alumnado de E. Infantil e para todos os alumnos e alumnas de Primaria e ESO que participaron no conc...