Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Juan Cao

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda
CPI Xanceda

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda

Do 19 ao 24 de marzo, a rapazada de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI de Xanceda tivemos a oportunidade de visitar a cidade británica de Londres e coñecer mellor a súa cultura e o seu idioma Por: Juan Cao Grupo de 3º e 4º de ESO O domingo dezanove de marzo, ás dez e media da mañá, tomaba voo o avión que nos levaría a unha viaxe inesquecible para todo o grupo, chea de experiencias, paseos pola cidade, visitas a monumentos e atraccións e viaxes en metro; pero, sobre todo, risas e diversión. Chegamos á cidade e fomos directamente ao hotel para desfacer as maletas. Deseguido, achegámonos ao mercado de Candem para pasar a tarde e, á beiriña da noite, fomos a Piccadilly Circus, onde contemplamos as grandes pantallas cheas de cores e luces. Para rematar o día, ceamos en China Town...
O alumnado de Cultura Científica do CPI de Xanceda crea unha conta de Instagram para a divulgación científica
CPI Xanceda, Cultura, Medio ambiente

O alumnado de Cultura Científica do CPI de Xanceda crea unha conta de Instagram para a divulgación científica

Os alumnos e alumnas de cuarto da ESO levan a cabo o proxecto no que pretenden publicar periodicamente artigos relacionados coa ciencia. Por: Juan Cao e Alba Fiaño A conta é pública desde mediados de outubro deste ano co usuario: @cucixanceda. Durante este tempo, foise ampliando o seu contido cada semana. Nela inclúense datos, curiosidades e novas do ámbito das ciencias e da tecnoloxía. A día de hoxe conta con máis dunha vintena de publicacións relacionadas cos temas que se van tratando no currículo da materia. Polo de agora conta con artigos relacionados co universo e co medio ambiente, que se irán ampliando a medida que avance o curso escolar. Mediante esta ferramenta preténdese dar a coñecer as ciencias, facer divulgación e achegar a ciencia e a tecnoloxía a todas as persoas...
Volve P(r)ensamos
CPI Xanceda

Volve P(r)ensamos

Esta tempada contamos con novos membros, con boas ideas e moitas ganas de traballar e informar. Por: Juan Cao Despois desta parada de verán, P(r)ensamos volve con moitas máis ganas que nunca de continuar. Este ano ampliamos a redacción e contamos con 31 membros. Esperamos que, deste xeito, poidamos publicar máis e mellores noticias, algunhas entrevistas, crónicas e mesmo artigos de opinión. Aproveitamos tamén para dar as grazas a Moisés Álvarez e Dores Díaz, posto que sen eles o proxecto nunca podería ter comezado. Ademais, cabe mencionar ás nosas compañeiras, que xa non están no centro, polo seu esforzo e dedicación de cara ao proxecto. Esperamos non decepcionarvos. Os membros da nova redacción
Nee Barros: “Eu non sinto a necesidade de definirme con etiquetas”
CPI Xanceda, Cultura, Igualdade

Nee Barros: “Eu non sinto a necesidade de definirme con etiquetas”

Ao grupo de 2º da ESO do noso centro suxeríuselle a lectura do libro “Identidade” de Nee Barros e, a raíz disto, puidemos ter a marabillosa oportunidade de entrevistar o escritore desta obra de teatro centrada en atoparte a ti mesme. Por: Sabela Martínez, Claudia Rodríguez e Juan Cao Nee Barros identifícase co pronome neutro elu (aínda que non lle importa que o identifiquen co masculino) e, en canto lle preguntamos iso, elu interesouse ao instante en saber os nosos para que a entrevista fose o máis cómoda posible. Pódesnos falar un pouco sobre os pronomes neutros en galego? Basicamente, en galego estamos intentando propor a forma elu para o pronome neutro. Intentamos crear unha semellanza formal co resto de pronomes para que se pareza ao el e ao ela, pero que tamén sexa neutr...
Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro
CPI Xanceda, Cultura

Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro

O alumnado de 1º 2º e 3º da ESO fomos de excursión á Casa da Matanza en Padrón, lugar onde viviu a poeta Rosalía de Castro antes do seu pasamento. Por: Juan Cao Estatua de Rosalía de Castro na Casa da Matanza "Quen ten casa de seu ten media vida."Rosalía de Castro, Follas Novas O mércores vinte e sete de abril, o alumnado da ESO do CPI de Xanceda, tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Nela puidemos ver o lugar onde viviu ata a súa morte e entender mellor como foi a súa vida. No museo vimos unha gran variedade de documentos da época, algúns cadros pintados polo seu fillo e moitas pertenzas da autora que nos axudaron a coñecer mellor a súa vida e entender mellor a súa obra. Ademais, desfrutamos do xardín da casa onde había moitas esp...
O CPI de Xanceda lanza o proxecto P(r)ensamos
CPI Xanceda

O CPI de Xanceda lanza o proxecto P(r)ensamos

O xoves sete de abril o CPI de Xanceda presentou o proxecto P(r)ensamos. Un proxecto innovador, nunca antes visto na comarca, que pretende informar da actualidade do colexio e da contorna, así como loitar contra a desinformación, traballar pola igualdade e contribuír á normalización da lingua galega. O Logotipo do proxecto P(r)ensamos Por Juan Cao O noso proxecto ten como obxectivo a publicación dun xornal dixital con artigos de información sobre o colexio, Mesía e arredores. Tamén esperamos desmentir noticias falsas, así como algo moi importante, loitar pola igualdade e defender a nosa lingua. Este traballo conta coa participación dun grupo do alumnado de ESO. Promovido pola Biblioteca Escolar, coa colaboración do Departamento de Galego, a súa creación foi coordinada polo li...
Envorca un camión que transportaba restos forestais na estrada que conecta Ordes con Lanzá
Mesía e comarca

Envorca un camión que transportaba restos forestais na estrada que conecta Ordes con Lanzá

As causas do accidente son descoñecidas. O condutor do vehículo atópase ingresado no hospital. Foto do camión implicado no accidente Por Juan Cao O suceso tivo lugar o día cinco de abril entre as catro e as cinco da tarde, cando un camión que  circulaba pola AC-524, estrada que conecta Ordes con Lanzá, envorcou lateralmente e perdeu parte da súa carga. O tráiler circulaba en dirección a Lanzá cando, ao chegar a unha curva situada entre os puntos  quilométricos seis e sete, á altura do Peñasco, envorcou e quedou apoiado no seu lado dereito, o que provocou a perda de parte dos restos forestais que transportaba.  Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e do 112. O condutor do vehículo foi trasladado ao hospital, onde se atopa recuperándose das le...