Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Pablo

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda  que creamos nas enerxías renovables”
Medio ambiente, Mesía e comarca

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda que creamos nas enerxías renovables”

Desprazámonos á Casa do Concello de Mesía para entrevistar e coñecer un pouco máis a fondo ó actual alcalde , Mariano Iglesias Castro, que desempeña o cargo desde 2007. Por: Rodrigo Cao e Pablo López Ten vostede pensado volver a presentarse ás eleccións municipais? Coido que iso non depende só de min, depende do feito de que os meus compañeiros de grupo consideren que sigo sendo a persoa axeitada e, se a saúde me acompaña, probablemente me presente. Unha das maiores preocupacións da veciñanza deste concello e de concellos limítrofes é o parque eólico que se quere implantar en parte do noso municipio. Que opina vostede respecto a este tema? O concello sempre estivo, está e estará en contra da implantación dos eólicos no noso concello, non porque non crea na...