Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Autor: Roi Pardo

Excursión a Mallorca do alumnado de 4ºESO
Principal

Excursión a Mallorca do alumnado de 4ºESO

O pasado martes 28 de maio de 2024, o alumnado de 4º ESO do CPI de Xanceda iniciou unha viaxe de fin de curso a Mallorca, que tería unha duración de seis días, nos cales visitaron diferentes lugares da illa. O grupo no aeroporto de Santiago Por: Roi Pardo Rúa O 28 de maio o grupo de 4º de ESO, acompañados pola profesora Patricia Fernández e o profesor José Luis Abal, partiron do aeroporto de Santiago con destino a Palma de Mallorca. Chegaron ao seu destino a mediodía e o primeiro día aproveitárono para percorrer as rúas máis antigas desta fermosa cidade. Para aproveitar mellor o paseo, contaron cunha guía que lles explicou a historia dos monumentos e edificios icónicos dese lugar, algúns cunha historia que se remontaba moito tempo atrás. Un exemplo dos edificios máis releva...