Nuria Vil: “Triunfar a nivel mundial sería poder ter unha casiña preto de meu pai e miña nai, con moi pouquiño ruído dos coches e o mar moi cerca.”
Dende o 2021, no CPI de Xanceda homenaxéase unha poeta galega no Día da Poesía. A primeira homenaxeada foi Luz Fandiño, seguiuna Lucía Aldao e o pasado 16 de abril veu ao noso centro Nuria Vil. Nuria Vil cos alumnos e alumnas da ESO. Por: Sara Martínez Quindimil Nuria Vil acudiu a Xanceda para ler un pouco dos seus poemas aos rapaces e rapazas do centro. Comezou polo grupo de primaira e seguiu co da ESO para falarnos un pouco sobre como son as súas creacións e como desenvolve o seu día a día sendo poeta. Ademais, tivemos a sorte de poder entrevistala; deixamos aquí as súas respostas: Cal foi o teu primeiro encontro coa poesía? Antes de adicarte á poesía desenvolvías algún outro oficio? Pois sempre me gustou a poesía, aínda que non a entendía e non tiña referentes nin c...