Máis da metade do alumnado do CPI de Xanceda que presenciou situacións de acoso escolar non soubo como actuar
Unha enquisa levada a cabo entre o alumnado revela como reaccionan ante situacións de acoso escolar. Por: Estela Couselo, Adriana García, Sofía Rico, Sara Sanjurjo e Sabela Varela A enquisa fíxoselle a un total de 85 alumnas e alumnos: 39 de 5º e 6º cursos de E. Primaria e 46 de todos os cursos da ESO. Entre o alumnado participante no cuestionario, obsérvase que un 20% nalgún momento da súa permanencia no centro sufriu acoso escolar, mentres que a maioría, 0 80%, afirma o contrario. Entre as vítimas, un 53% decidiron non contarllo a ninguén, mentres que o 47% si decidiron poñelo en coñecemento doutras persoas. Respecto ás razóns polas que aqueles alumnos ou alumnas que sufriron acoso decidiron non contarllo a ninguén, hai respostas variadas: o 8% sentiron ...