Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca
Do día catro ao seis de maio, o alumnado de 4º ESO realizamos unha viaxe de fin de curso á illa de Mallorca,. Foron uns marabillosos dias nos que tivemos o pracer de visitar numerosos lugares da illa. Por: Claudia Regueiro e Selma Blanco No segundo día da nosa excursión por Mallorca, comezamos a coñecer as partes máis agochadas dailla. COVAS DO DRACH Situadas en Porto Cristo, na costa oriental de Mallorca, estas covas de 1200m de lonxitude e unhaprofundidade de 25m son un gran atractivo para quen as visita. Ademais, puidemos gozar da súabeleza acompañada dun concerto de música clásica en barcas, nas que posteriormente atravesamos o lago subterráneo. TRAVESÍA EN CATAMARÁN E RUTA POR PALMA Navegamos pola costa mallorquina durante horas. Fondeamos perto da Cala Vella...