Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Deportes

O Visantoña vence ao Pastoriza na casa
Deportes, Mesía e comarca

O Visantoña vence ao Pastoriza na casa

O 24 de febreiro, ás 16:15h celebrouse no campo das Brañas o partido entre CF Visantoña e o S.C.D. Pastoriza 'B' Imaxe do derbi Visantoña - Mesía Por: Vítor Sánchez e Lucas Rodríguez. O C.F. O Visantoña sumou tres puntos ao seu marcador tras gañar 3-1 ante o S.C.D. Pastoriza 'B' este sábado nas Brañas - Visantoña. O equipo local entrou no encontro tras sufrir unha derrota por 3 - 1 no anterior xogo ante o Sada C.F. 'B'. Por outra banda, o Pastoriza tamén acudía ao partido despois de perder por 0-5 ante o San Tirso S.D. 'C', co que acumula cinco derrotas consecutivas na competición ligueira. Co resultado deste último partido, o equipo visitante sitúase na décimo cuarta posición, mentres que o Visantoña é sétimo na clasificación. GOLES P (Penalti) PP (Propia Porta)15'Mijallo Ro...
Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada
Deportes, Mesía e comarca

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada

Partido disputado no campo de futbol das Brañas, Visantoña. Por: Sara Martínez Quindimil e Lucas Rodríguez Quindimil Este domingo 26 de novembro disputouse o partido máis esperado no noso concello. Trátase do primeiro derbi, o primeiro Visantoña - Mesía desta nova tempada. O encontro comezou ás 16:15 da tarde, e con el a tensión, pois se algo caracteriza os nosos "derbies" é a rivalidade deportiva, as ansias por competir e gañar. Dos últimos catro encontros disputados, un gañouno o C.F. Visantoña, noutro houbo un empate e os demais tiveron un resultado favorable para o C.D. Mesía. Porén, co resultado deste último, iguálanse as vitorias entre os dous equipos. En efecto, o partido decidiuse a favor do C.F. Visantoña, cunha diferenza de dous goles a cero. No minuto 31 do pr...
O C.D. Mesía comeza a liga de fútbol 11
Deportes, Principal

O C.D. Mesía comeza a liga de fútbol 11

O C.D. Mesía comezou a liga enfrontándose na casa ao Atlético Sobrado Xuventude o pasado domingo 24 de setembro ás 18:00. Iker Cao disputando un balón aéreo. Por: Vítor Sánchez e Lucas Rodríguez O Atl. Sobrado Xuventude venceu o C.D. Mesía por 0 - 6 no seu primeiro partido de Terceira División Galega disputado este domingo no campo de fútbol "Municipal de Mesía". Con este resultado, o equipo visitante é primeiro con tres puntos, mentres que o local é décimo sexto, sen puntos na súa conta tras o encontro. O adestrador do C.D Mesía incorporou a Abel Muíño Núñez, Pablo Nogareda Suárez e Ángel Rouco Orgueira por Jairo Andrés Valbuena Durán, Manuel Antonio Bermúdez Cao e Alejandro Regueiro Sánchez, mentres que o Atl. Sobrado Xuventude deu luz verde a Bairon Stevenson Gonzále...