Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Mesía e comarca

Seguimos sen novas en Mesía
Mesía e comarca

Seguimos sen novas en Mesía

Bar Quique, Lugar da Igrexa nº3. Lugar onde foi selada a primitiva. O pasado luns 30 de decembro de 2024 trouxo un bo agasallo de Nadal para o noso concello. O sorteo da Primitiva deixou case 400.000€ no bar Quique, localizado na parroquia de Mesía. Neste establecemento selouse un dos dous boletos gañadores (6 acertos) con combinación 15, 25, 29, 35, 38, 48,C(22) R(9), acompañando así ao premiado en Gran Canaria. A día de hoxe, o certo é que non sabemos se foi un veciño da zona ou simplemente unha persoa que pasaba polo lugar, pero xa van alá máis de dous meses dende o sucedido e aínda se descoñece a identidade do afortunado/a. Miguel González Cabana
O Visantoña vence ao Pastoriza na casa
Deportes, Mesía e comarca

O Visantoña vence ao Pastoriza na casa

O 24 de febreiro, ás 16:15h celebrouse no campo das Brañas o partido entre CF Visantoña e o S.C.D. Pastoriza 'B' Imaxe do derbi Visantoña - Mesía Por: Vítor Sánchez e Lucas Rodríguez. O C.F. O Visantoña sumou tres puntos ao seu marcador tras gañar 3-1 ante o S.C.D. Pastoriza 'B' este sábado nas Brañas - Visantoña. O equipo local entrou no encontro tras sufrir unha derrota por 3 - 1 no anterior xogo ante o Sada C.F. 'B'. Por outra banda, o Pastoriza tamén acudía ao partido despois de perder por 0-5 ante o San Tirso S.D. 'C', co que acumula cinco derrotas consecutivas na competición ligueira. Co resultado deste último partido, o equipo visitante sitúase na décimo cuarta posición, mentres que o Visantoña é sétimo na clasificación. GOLES P (Penalti) PP (Propia Porta)15'Mijallo Rod...
As nosas feiras. Unha viaxe ao pasado
Cultura, Mesía e comarca

As nosas feiras. Unha viaxe ao pasado

O pasado 9 de decembro visitamos a feira de Curtis e comprobamos como as feiras continúan a ser un encontro comercial e social de relevancia no noso rural. Ademais, puidemos falar con Francisco Mariño Sanmartín, tratante de gando nado neste Concello, que nos aportou información moi valiosa sobre a historia das feiras. Por: Adriana García Cruz, Sara Sanjurjo Bra, Xoel Sánchez Rodríguez. As feiras son reunións públicas destinadas ao intercambio ou á compravenda de produtos, que resisten na actualidade e que estiveron na base do desenvolvemento e consolidación dalgunhas vilas galegas durante o século XIX e comezos do XX. Así foi o caso dunha vila da nosa contorna, Curtis, que acolleu as feiras máis importantes da comarca durante décadas. Estas continúan a celebrarse os días 9 e 23 d...
Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada
Deportes, Mesía e comarca

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada

Partido disputado no campo de futbol das Brañas, Visantoña. Por: Sara Martínez Quindimil e Lucas Rodríguez Quindimil Este domingo 26 de novembro disputouse o partido máis esperado no noso concello. Trátase do primeiro derbi, o primeiro Visantoña - Mesía desta nova tempada. O encontro comezou ás 16:15 da tarde, e con el a tensión, pois se algo caracteriza os nosos "derbies" é a rivalidade deportiva, as ansias por competir e gañar. Dos últimos catro encontros disputados, un gañouno o C.F. Visantoña, noutro houbo un empate e os demais tiveron un resultado favorable para o C.D. Mesía. Porén, co resultado deste último, iguálanse as vitorias entre os dous equipos. En efecto, o partido decidiuse a favor do C.F. Visantoña, cunha diferenza de dous goles a cero. No minuto 31 do primeir...
O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía
Mesía e comarca

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023. Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal. Total: 1682 Votos en branco: 8 Votos nulos: 15 Abstencións: 465 Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás elecc...
Un camión choca contra unha casa en Cumbraos
Mesía e comarca

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos

O accidente, que se produciu arredor das 15.00, tivo como resultado un ferido grave e importantes danos materiais. Lugar do accidente Por: Javier López e Rodrigo Cao Un camión que circulaba pola N-634 desviouse e bateu contra unha casa situada ao pé da estrada. Co impacto, a cabina do vehículo acabou dentro da vivenda, onde reside unha señora de 80 anos que nese intre estaba durmindo. O inmoble sufriu severos danos materiais, xa que se derrubaron as paredes de dous dos seus cuartos. Afortunadamente, a cisterna do camión, que se destina ao transporte de leite, ía baleira; ademais, antes de chocar contra a casa, impactou nun poste de electricidade, polo que se reduciu a súa velocidade, evitando que chegase ata o lugar onde se encontraba a señora. O gardarraíl foi baldío nesta sit...
O concello impulsa unha intervención arqueolóxica no castelo de Mesía.
Mesía e comarca

O concello impulsa unha intervención arqueolóxica no castelo de Mesía.

Comezan os labores de limpeza e coidado do castelo de Mesía a cargo da cooperativa galega Árbore Arqueoloxía. Imaxe aérea do castelo de Mesía. Foto: Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega. Por: Carme Roel, Sara Sánchez e Uxía Cernadas. Durante o mes de setembro de 2022 levouse a cabo un proxecto, impulsado polo Concello de Mesía e Árbore Arqueoloxía S. Coop. Galega , cooperativa adicada ó mundo da arqueoloxía e á restauración, co obxectivo de reparar e coidar o castelo. Fíxose unha limpeza e retirada da vexetación do interior da torre que permitiu ver mellor como é . Ademais limpouse manualmente, para a definición dos chanzos das escaleiras, e na beira do río Samo atopouse unha estrutura que semellaba ser unha torre defensiva. O castelo ou torre-fortaleza de Mesía, hoxe e...
Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda
Mesía e comarca

Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda

No accidente, a pesar dos importantes danos que sufriron os vehículos, non houbo feridos de gravidade. Por: Javier López Blanco Vehículos implicados {Fonte: La Voz de Galicia} O suceso ocorreu en Xanceda, no kilómetro 17 da AC-524, nunha pequena recta entre dúas curvas, antes das 8:30 a.m . Unha furgoneta invadiu o carril contrario e acabou impactando contra un turismo que circulaba por ese carril. Os vehículos quedaron moi danados e os seus ocupantes foron trasladados inmediatamente ao hospital, debido a que tanto o condutor da furgoneta como o do coche se queixaban de fortes dores de costas tras o impacto. No turismo viaxaba un ocupante máis que só necesitou atención médica no lugar do accidente. Un dos implicados no sinistro deu aviso ao servizo de emerxencias e dende a ...
Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda  que creamos nas enerxías renovables”
Medio ambiente, Mesía e comarca

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda que creamos nas enerxías renovables”

Desprazámonos á Casa do Concello de Mesía para entrevistar e coñecer un pouco máis a fondo ó actual alcalde , Mariano Iglesias Castro, que desempeña o cargo desde 2007. Por: Rodrigo Cao e Pablo López Ten vostede pensado volver a presentarse ás eleccións municipais? Coido que iso non depende só de min, depende do feito de que os meus compañeiros de grupo consideren que sigo sendo a persoa axeitada e, se a saúde me acompaña, probablemente me presente. Unha das maiores preocupacións da veciñanza deste concello e de concellos limítrofes é o parque eólico que se quere implantar en parte do noso municipio. Que opina vostede respecto a este tema? O concello sempre estivo, está e estará en contra da implantación dos eólicos no noso concello, non porque non crea nas...
Victoria do CD Mesía ante o CF Visantoña por 0-1, nun esperado encontro
Mesía e comarca

Victoria do CD Mesía ante o CF Visantoña por 0-1, nun esperado encontro

O 27 de novembro, ás 17:00h celebrouse no campo das Brañas o partido entre CF Visantoña e CD Mesía, que rematou cunha vitoria para o clube de Mesía. Por: Sergio Vázquez e Miguel Pernas O partido comezou con moita tranquilidade e poucas ocasión para ambos equipos. No minuto 37, o CD Mesía recibiu o seu primeiro cartón amarelo nunha dura entrada de José Peteiro. A primeira parte acabou con empate e con poucas ocasións. Volveron saltar os xogadores ao campo e, no minuto 56, o CD Mesía viu o seu segundo amarelo por parte de Diego Martínez. O CD Mesía realizou cambios tácticos para tratar de adiantarse no marcador: no minuto 60 entran Javier Fernández e Uxío Pedreira por Diego Martínez e Antonio Villasenín. Un minuto despois de realizar os cambios, Daniel Aguión estrea a conta de amare...