Alumnado danés visita as terras de Xanceda
O pasado domingo 6 de abril recibimos unha visita moi especial dende Dinamarca: 11 estudantes do colexio "Ranum Efter College" conviviron con parte do alumnado de 3º e 4º da ESO, xa que se aloxaron nas vivendas destes. O CPI de Xanceda participa no programa Erasmus+ (24-25) Por: Sofía Rico Quintero e Adriana García Cruz Durante a súa estancia asistimos a unha serie de actividades e realizamos saídas didácticas organizadas polo centro C.P.I de Xanceda. A continuación comentamos brevemente algunhas das actividades. Domingo 6 de abril: A primeira actividade foi un encontro entre todo o alumnado que participa no Erasmus. Para iso, contamos coa colaboración do Bar Casa Mosquera, onde picamos algo, mentres un cantante de entretemento amenizaba a xuntanza. Arredor ...