Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Demolen a torre de refixeración da central térmica de Meirama

A torre de refixeración da central térmica de Meirama foi demolida o pasado 21 de decembro tras dous anos inactiva.

Por: Javier López e Rodrigo Cao

A operación activouse ás tres da tarde. Un operativo de seguridade impediu a circulación pola estrada N-550 (entre Ordes e o Mesón do Vento) e obrigou os veciños do arredor a desaloxar as súas vivendas por preucaución. A cheminea foi reducida a cascallos mediante unha explosión controlada; en menos de 10 segundos a torre desapareceu, e dela só quedaron restos de formigón e historia.

A demolición desta estrutura, construída hai 42 anos, vai marcar un antes e un despois, xa que desaparecerá un símbolo dunha era, a célebre cheminea que marcou a paisaxe de dúas comarcas.

Derrumbamento da torre (Fonte: El Diario)

O fin do carbón dá paso ás novas enerxías. Naturgy, xunto con Repsol, proxecta a creación dunha planta de hidróxeno verde. En 2025 intentarán alcanzar unha potencia de 30 megavatios, aínda que o obxectivo é chegar aos 200 e producirán máis de 4.000 toneladas de hidróxeno verde ao ano, podendo chegar ás 30.000 anuais. Estas estatísticas ,moi xerais e optimistas, poden indicar o que sería un gran paso para o desenvolvemento das enerxías verdes ou limpas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *