Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Envorca un camión que transportaba restos forestais na estrada que conecta Ordes con Lanzá

As causas do accidente son descoñecidas. O condutor do vehículo atópase ingresado no hospital.

Foto do camión implicado no accidente

Por Juan Cao

O suceso tivo lugar o día cinco de abril entre as catro e as cinco da tarde, cando un camión que  circulaba pola AC-524, estrada que conecta Ordes con Lanzá, envorcou lateralmente e perdeu parte da súa carga.

O tráiler circulaba en dirección a Lanzá cando, ao chegar a unha curva situada entre os puntos  quilométricos seis e sete, á altura do Peñasco, envorcou e quedou apoiado no seu lado dereito, o que provocou a perda de parte dos restos forestais que transportaba. 

Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e do 112. O condutor do vehículo foi trasladado ao hospital, onde se atopa recuperándose das lesións producidas no accidente.

 As causas do  suceso, polo de agora, son descoñecidas.

Imaxe da escena do accidente

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *