Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Francisco Fernández Del Riego

Por: Alba Fiaño e Jennifer López

O pasado mércores 17 de maio celebrouse o día das letras galegas. Cada ano, este día adícaselle a unha persoa que destacase pola súa creación literaria ou pola defensa do galego.

Este ano 2023 dedícaselle a Francisco Fernández del Riego.

Francisco Fernández del Riego naceu en Lugo o 7 de xaneiro de 1913 e morreu en Pontevedra o 26 de setembro de 2010. Foi un narrador, escritor e editor galego. Comezou a estudar a carreira de Dereito en Madrid en 1930 e rematouna en Santiago de Compostela no ano 1934.

Ao comezar guerra civil, en 1936, alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades políticas e, cando rematou, instalouse en Vigo. En 1992 publicou un libro chamado “O cego de Pumardedón” no que conta a través da ficción as súas vivencias durante a guerra.

En 1950 fundou, xunto con outros galeguistas, a Editorial Galaxia e en 1960 ingresou na Real Academia Galega facendo que a partir de 1963 se escollese cada ano unha persoa da cultura galega que protagonizara o Día das Letras Galegas.

En 1997 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Fernández del Riego escribiu: obras autobiográficas, como “Lourenzá” ou “Camiño andado”; ensaios, como “Historia da literatura”; dicionarios, antoloxías da poesía galega, biografías de personaxes da historia cultural galega…

Tamén recibiu multitude de premios: Premio de Ensayo del Centro Gallego de Buenos Aires (1948), Medalla Castelao (1985), Premio de Creación Cultural de la Xunta de Galicia (1992), Premio Fernández Latorre de Periodismo (1994), Insignia de Oro de la Universidad de Santiago (1996), y el Premio de las Artes y de las Letras de Galicia (1997), entre outros moitos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *