Os alumnos e alumnas de cuarto da ESO levan a cabo o proxecto no que pretenden publicar periodicamente artigos relacionados coa ciencia.
Por: Juan Cao e Alba Fiaño
A conta é pública desde mediados de outubro deste ano co usuario: @cucixanceda. Durante este tempo, foise ampliando o seu contido cada semana. Nela inclúense datos, curiosidades e novas do ámbito das ciencias e da tecnoloxía.
A día de hoxe conta con máis dunha vintena de publicacións relacionadas cos temas que se van tratando no currículo da materia. Polo de agora conta con artigos relacionados co universo e co medio ambiente, que se irán ampliando a medida que avance o curso escolar.
Mediante esta ferramenta preténdese dar a coñecer as ciencias, facer divulgación e achegar a ciencia e a tecnoloxía a todas as persoas, sobre todo á xente nova usuaria desta plataforma.