Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

O C.D. Mesía comeza a liga de fútbol 11

O C.D. Mesía comezou a liga enfrontándose na casa ao Atlético Sobrado Xuventude o pasado domingo 24 de setembro ás 18:00.

Iker Cao disputando un balón aéreo.

Por: Vítor Sánchez e Lucas Rodríguez

O Atl. Sobrado Xuventude venceu o C.D. Mesía por 0 – 6 no seu primeiro partido de Terceira División Galega disputado este domingo no campo de fútbol “Municipal de Mesía”. Con este resultado, o equipo visitante é primeiro con tres puntos, mentres que o local é décimo sexto, sen puntos na súa conta tras o encontro.

O adestrador do C.D Mesía incorporou a Abel Muíño Núñez, Pablo Nogareda Suárez e Ángel Rouco Orgueira por Jairo Andrés Valbuena Durán, Manuel Antonio Bermúdez Cao e Alejandro Regueiro Sánchez, mentres que o Atl. Sobrado Xuventude deu luz verde a Bairon Stevenson González García, Alberto Márquez Santos, Alberto Sánchez Martínez e Javier Pastoriza Pérez, que entraron en substitución de Brayan Daniel Rojas González, Ángel Espido Lorenzo, Álvaro Fragio Ramos e Pablo Fernández Sánchez.

O colexiado sancionou con cartón amarelo a tres xogadores, un do C.D. Mesía e dous do Atl. Sobrado Xuventude. Por parte do equipo local, o cartón foi para Pablo Nogareda Suárez e pola parte do equipo visitante para Alberto Márquez Santos e Alberto Sánchez Martínez.

P (Penalti) PP (propia porta)

Goles anotados por cada xogador e o minuto.
Tarxetas do partido.

Clasificación:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *