O alumnado de 3º e 4º ESO prepararon unha gincana para celebrar o Magosto e o Samaín.
Por: Javier López, Antón Quindimil.
O alumnado do CPI de Xanceda celebrou o Magosto e o Samaín o pasado 28 de outubro. A partir das 12.00, suspendéronse as clases para celebrar a festa. O alumnado, moitos deles disfrazados, presenciaron a entrega de premios dos concursos de vídeos de terror e decoración de cabazas.
Os grupos gañadores da III Edición do concurso Vídeos de Terror foron 4º de E. Primaria e 1º ESO, nas repectivas categorías. Pero non só os membros destes grupos recibiron premios; tamén houbo agasallos para o alumnado de E. Infantil e para todos os alumnos e alumnas de Primaria e ESO que participaron no concurso. No que se refire á decoración de cabazas, os grupos gañadores de Primaria e 1º ESO recibiron dúas cabazas por clase cheas de caramelos. Ademais, entregouse outra cabaza ao alumnado de Infantil e un féretro cheo de caramelos a todos os participantes do concurso.
Posteriormente, os grupos de 3º e 4º ESO encargáronse de organizar unha xincana onde participaron todas as rapazas e rapaces do colexio e na que houbo moitos xogos relacionados coas castañas e cabazas. As actividades para E. Infantil realizáronse no ximnasio e para o resto do alumnado, no pavillón.
A celebración rematou cunha degustación de castañas asadas para todo o alumnado e profesorado no patio.