Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

O CPI de Xanceda de fronte ás violencias machistas

A cadea humana formada no CPI de Xanceda.

Por: Estela Couselo e Sabela Varela.

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de

novembro, o pasado venres 24 organizouse un acto no CPI de Xanceda, en colaboración co

Concello de Mesía, ao que asistiron os diferentes membros da comunidade educativa, así

coma representantes da corporación municipal e veciñas/os.

A conmemoración tivo como lema o da campaña da Deputación da Coruña, “DE FRONTE á

violencia de xénero”, e o acto comprendeu a realización dunha cadea humana caracterizada

pola vestimenta negra das personas participantes e a lectura dun manifesto por parte do

alumnado do 6º curso da Educación Primaria e dos diferentes cursos da Educación

Secundaria.

As encargadas de ler o escrito da ESO foron alumnas de 1º, 2º e 3º que destacaron a

necesidade de facer visíbeis tódalas expresións da violencia machista no día a día, que non

sempre son explícitas, para o cal mencionaron exemplos de micromachismos, estereotipos,

invisibilización, humor machista, culpabilización das vítimas, control, etc.

Alén disto, nos días previos ao acto desenvolvéronse no centro outras actividades

relacionadas con esta conmemoración: a exposición de libros de temática “violencia de

xénero” na biblioteca e a creación dun iceberg da violencia de xénero, representando de

forma visual as diferentes violencias que sofren as mulleres polo único feito de selo, e que

se atopa colgado nun dos corredores do centro.

O iceberg creado polo alumnado.
O mural con nomes das mulleres asasinadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *