O xoves sete de abril o CPI de Xanceda presentou o proxecto P(r)ensamos. Un proxecto innovador, nunca antes visto na comarca, que pretende informar da actualidade do colexio e da contorna, así como loitar contra a desinformación, traballar pola igualdade e contribuír á normalización da lingua galega.
![](https://prensamos.gal/wp-content/uploads/2022/03/PRENSAMOS-nsb-3-1024x576.jpg)
Por Juan Cao
O noso proxecto ten como obxectivo a publicación dun xornal dixital con artigos de información sobre o colexio, Mesía e arredores. Tamén esperamos desmentir noticias falsas, así como algo moi importante, loitar pola igualdade e defender a nosa lingua.
Este traballo conta coa participación dun grupo do alumnado de ESO. Promovido pola Biblioteca Escolar, coa colaboración do Departamento de Galego, a súa creación foi coordinada polo licenciado en Xornalismo Moisés Álvarez Jorge.