Os alumnos e alumnas de 4º de ESO formaron parte dun obradoiro de teatro nos días 25 e 26 de abril, no cal crearon un podcast inspirado no libro de José Luis Baños de Cos chamado “A cámara escura”.
Esta iniciativa foi levada a cabo polo Departamento de Orientación. A este obradoiro acudiu o autor do libro, Pepe Baños de Cos , que nos orientou sobre a obra e os seus personaxes, e tamén estivo o seu compañeiro Roberto, que nos axudou no ámbito da actuación e gravación. As sesións estiveron divididas en dous días, de tres horas cada unha, nas cales fixemos o seguinte:
No 25 de abril, o primeiro día, elaboráronse unha serie de exercicios para sentirse máis solto a hora de interpretar un personaxe. Entre eles houbo algúns xogos, como compartir unha frase determinada con diferentes estados de ánimo, ou mesmo improvisar diante do resto de alumnos unha definición para unha palabra que nunca escoitaramos.
Ao final desta sesión osalumnado puido descubrir que personaxe lles foi asignado dentro da obra de teatro:
-Alicia 1: Sabela Martínez
-Alicia 2: Gloria Iglesias
-Alicia 3: Lucía Rial
-Niepse: Martina Carro
-Aristóteles: Alba Carro
-Nai: Diana Grobas
-Pro: Daniel López
.Noob: Miguel Pernas
-Presentador: Álvaro Collazo
-Coro 1:Lucía Castro, Antía López e Claudia Regueiro
-Coro 2: María Bello, Selma Blanco, Lúa Blanco e Alba Couselo
-Coro 3: Álvaro Collazo, Diego García e Eric Manteiga
No segundo día, comezamos coa gravación do podcast. Mentres algunhas das persoas se dedicaban a este labor, as outras encargáronse de crear unha posible portada, playlist e promoción para o proxecto.
Ao final da sesión engadíronse unha serie de entrevistas e os compañeiros comentaron a súa experiencia despois de tantos anos sen interpretar unha obra de teatro.
Agora o podcast está dispoñíbel en plataformas como: Spotify, SoundCloud, Dropbox, etc.