Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada

Partido disputado no campo de futbol das Brañas, Visantoña.

Por: Sara Martínez Quindimil e Lucas Rodríguez Quindimil

Este domingo 26 de novembro disputouse o partido máis esperado no noso concello. Trátase do primeiro derbi, o primeiro Visantoña – Mesía desta nova tempada. O encontro comezou ás 16:15 da tarde, e con el a tensión, pois se algo caracteriza os nosos “derbies” é a rivalidade deportiva, as ansias por competir e gañar. Dos últimos catro encontros disputados, un gañouno o C.F. Visantoña, noutro houbo un empate e os demais tiveron un resultado favorable para o C.D. Mesía. Porén, co resultado deste último, iguálanse as vitorias entre os dous equipos.

En efecto, o partido decidiuse a favor do C.F. Visantoña, cunha diferenza de dous goles a cero. No minuto 31 do primeiro tempo, o C.F. Visantoña puxo distancia no marcador cun gol de José Ramón González. O dorsal número sete repetiu no minuto 46 do segundo tempo, cun gol que sentenciou o partido.

En canto aos cartóns que o árbitro considerou preciso amosar foron os seguintes; só para o C.D. Mesía:

No transcurso do partido os adestradores de ambos equipos decidiron realizar substitucións para modificar o estilo de xogo e mover así a súa bancada. Realizáronse os seguintes cambios:

Con este resultado, o C.F. Visantoña colócase no quinto lugar da clasificación, con 21 puntos de 30 posibles, e o C.D. Mesía, décimo quinto, con 5 puntos dos 30 posibles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *