Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023.
Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López
Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal.
Total: 1682
Votos en branco: 8
Votos nulos: 15
Abstencións: 465
Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás eleccións municipais:
Escanos: 8
Número de Votos: 1170
Porcentaxe de votos: 70,18%
Escanos: 2
Número de votos: 283
Porcentaxe de votos: 16,97%
Escanos: 1
Número de Votos: 206
Porcentaxe de votos: 12,35%
Falamos con Eliseo Bello, o profesor de Tecnoloxía de Secundaria do CPI de Xanceda e un dos integrantes das listas do PSOE, para facerlle unha entrevista.
- Por qué tomou a decisión de presentarse ás eleccións?
A razón pola que me presentei foi porque teño moitas ideas que podo aportar ao concello de Mesía e para poder axudar todo o que se poida. Son un home altruísta e podo sacarlle partido a esas ideas.
- Que opina do resultado?
Persoalmente penso que o resultado é moi positivo. Obtivemos 8 escanos dos 11 posibles; é un bo sinal de que o estamos a facer ben e de que a xente confía neste proxecto.
- Sendo profesor deste colexio e estando no partido gañador, vai atender as inquedanzas do alumnado?
Por suposto, sempre estarei a disposición do alumnado. Estamos para escoitar e ver aquelas dúbidas e inquedanzas que teñen os alumnos e, sempre e cando sexan viables, podelas levar a cabo.
- Que pensa que pode achegar ao partido?
Debido á experencia que eu teño e todo o que pasei ata chegar aquí, creo que hai factores que se poden mellorar. Un deles é a cultura, na que estamos traballando moito; o educativo, que é o que máis vivo de cerca; a nivel deporte, tamén e, por último, a terceira idade.