Por: Alba Fiaño e Jennifer López
– Completa a definición :
1. Extensión de area ou pedra miúda, polo xeral plana, á beira do mar ou dun río.
_ _ _ _ _
2. Instrumento similar a un paraugas, que se utiliza para protexerse do sol.
_ _ _ _ _ _ _
3. Utensilio para dar aire, que pode estar feito de tea ou papel pegado a unhas variñas unidas arredor dun eixe pola parte inferior, que se abre en forma de semicírculo, ou comporse doutros materiais como plumas ou follas de palmeira.
_ _ _ _ _
4. Doce elaborado con auga, crema, zume de froita ou outros ingredientes mesturados e conxelados.
_ _ _ _ _
5. Calzado descuberto pola parte de atrás, que se suxeita na parte de diante do pé .
_ _ _ _ _ _ _ _ _
6. Enorme extensión de auga salgada que cobre gran parte da Terra.
_ _ _
7. Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo fusiforme, boca ventral, arqueada e provista de varias filas de dentes cortantes, do que existen distintas familias e arredor de trescentas especies . ( sinónimo: tiburón )
_ _ _ _ _ _ _
8. Persoa que se dedica a socorrer as vítimas de accidentes, en particular, a que en praias e piscinas, auxilia ou atende persoas que sofren perigo de afogar.
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _
9. Obxecto que flota ou aboia e que serve para sinalar un obstáculo, un paso etc., no mar ( sinónimo: boia )
_ _ _ _ _ _ _ _
10. Embarcación de pequeno tamaño a remo ou a vela, coa proa bicuda e a popa con formas variables.
_ _ _ _
– Sopa de letras : Termos relacionados coa praia.
Palabras que tedes que atopar :
alga, area,
barco, caldeiro,
canoa, caranguexo,
flotador, onda,
parasol, remo,
sol, toalla.
SOLUCIÓNS :
– Completa a definición :
1. Praia
2. Parasol
3. Abano
4. Xeado
5. Chanqueta
6. Mar
7. Quenlla
8. Socorrista
9. Flotador
10. Bote