As alumnas de cuarto da ESO queremos despedirnos do centro, pero cedemos o testemuño aos novos compoñentes da redacción.
O equipo de P(r)ensamos de 4º da ESO queremos despedirnos do resto do equipo do xornal e mais de todas as persoas do colexio que nos acompañaron durante este período tan importante da nosa vida. Participar neste proxecto foi unha experiencia que ningunha de nós esquecerá, ao igual que o noso paso polo centro. Queremos dar as grazas a todos e todas as que nos acompañastes durante a nosa estancia no colexio: aos mestres e mestras, aos cociñeiros e cociñeiras, ás limpadoras, ao conserxe, ás orientadoras, e con respecto a este proxecto, queremos agradecer a Dores e Moisés o feito de darnos esta oportunidade.
Con este artigo, cedemos o testemuño aos nosos compañeiros e compañeiras da redacción que continúan para o vindeiro ano e desexamos moita sorte ao próximo equipo do xornal.
Alba Carro, Alba Couselo, Antía López, Claudia Regueiro, Diana Grobas, Gloria Iglesias, Lúa Blanco, María Bello, Martina Carro, Sabela Martínez e Selma Blanco despedímonos de todas e todos vós, foi un pracer.