O día 7 de marzo os alumnos e alumnas de 4º ESO fixemos unha saída coa profesora de
Xeografía e Historia, Sandra Irsheid, a Santiago de Compostela. Realizamos un roteiro que pasaba por diversas zonas que formaron parte do día a día da vida de Rosalía de Castro.
Por Claudia Regueiro
A nosa ruta comezou na Praza de Vigo, no monumento Rosalía de Castro, onde se nos deron a coñecer algunhas pasaxes da súa vida e lemos algúns dos seus poemas. Durante a excursión visitamos moitos puntos de Santiago que formaron parte da súa vida; por exemplo, a parada na Igrexa de Sta. Susana, onde Rosalía bautizou o seu fillo Adriano, e onde tamén tivo que enterrar o mesmo aos seus 20 meses de vida, e a Valentina, outra das suas fillas; de aí vén algún dos seus poemas, como En las orillas del Sar, poema no cal fala directamente da morte do seu fillo Adriano.
Outro dos puntos foi a parada na estatua de Federico García Lorca, que admiraba a Rosalía e a súa poesía; Merche, a guía, explicounos que cando o mesmo García Lorca visitou Santiago, foi ao monumento de Rosalía a levarlle un ramo de flores .
O roteiro rematou no Convento de Santo Agostiño, onde Rosalía estudou durante algúns anos da súa infancia. Todos saímos moi contentos desta saída, xa que foi unha maneira entretida e moi visual de aprender sobre unha muller tan importante como foi Rosalía de Castro.
Era apacible el día
y templado el ambiente,
y llovía, llovía
callada y mansamente;
y mientras silenciosa
lloraba yo y gemía,
mi niño, tierna rosa,
durmiendo se moría.
Al huir de este mundo, ¡qué sosiego en su frente!
Al verle yo alejarse, ¡qué borrasca en la mía!
(En las orillas del Sar III, Rosalía de Castro)