
Bar Quique, Lugar da Igrexa nº3. Lugar onde foi selada a primitiva.
O pasado luns 30 de decembro de 2024 trouxo un bo agasallo de Nadal para o noso concello. O sorteo da Primitiva deixou case 400.000€ no bar Quique, localizado na parroquia de Mesía. Neste establecemento selouse un dos dous boletos gañadores (6 acertos) con combinación 15, 25, 29, 35, 38, 48,C(22) R(9), acompañando así ao premiado en Gran Canaria.
A día de hoxe, o certo é que non sabemos se foi un veciño da zona ou simplemente unha persoa que pasaba polo lugar, pero xa van alá máis de dous meses dende o sucedido e aínda se descoñece a identidade do afortunado/a.
Miguel González Cabana