Por Lúa Blanco e María Bello
Segundo a OMS, a saúde mental é un estado de benestar psicolóxico e emocional que permite que o suxeito utilice as súas habilidades mentais, sociais e sentimentais para desenvolverse con éxito nas interaccións cotiás. Esta definición, de 1946, foi innovadora e ambiciosa porque, en lugar de ofrecer un concepto de saúde inadecuado, ampliou a noción para incluír aspectos físicos, mentais e sociais.
A pesar das intencións positivas desta definición, recibiu moitas críticas, porque propón un significado irreal no que as limitacións humanas e ambientais farían imposible acadar a condición de completo benestar.
A sociedade non lle dá a importancia que merece este tema:
- 3.941 suicidios no ano 2020, o que significa unha media de 11 persoas ao día rematan coa súa vida. (datosmacro.com)
- 2,1 millóns de persoas maiores de 15 anos están diagnosticadas con depresión en España. (rtve.es)
- Os TCA’s (trastornos alimentarios) son a terceira enfermidade crónica máis frecuente entre adolescentes. (rtve.es)
- En España hai 6 psicólogos por cada 100.000 habitantes. (rtve.es)
Por esta razón, dende P(r)ensamos consideramos importante darlle visibilidade a este tema.
É importante prestar atención aos sinais de advertencia sobre a saúde mental:
- Unha persoa con depresión presenta un estado de ánimo baixo ou irritable, dificultades para durmir ou sentimentos de odio cara a si mesmos.
- Alguén que ten ansiedade sofre tremores, sensación de nerviosismo, dificultades para durmir e problemas para concentrase.
- Son signos da existencia dun TCA un estado de preocupación constante pola comida, evitar comidas en familia, marchar da mesa trala comida e encerrarse no baño, así como a perda ou aumento drástico de peso.
Se coñecemos alguén cun destes trastornos, ou sospeitamos que pode padecelo, debemos actuar para axudar a esa persoa e que non chegue ao punto máximo, o suicidio.
Diferenciando TCAs
- Trastorno por enchente: inxírese gran cantidade de comida nun curto período de tempo.
- Anorexia nerviosa: redúcese extremadamente o consumode alimentos.
- Bulimia nerviosa: despois dunha enchenten, búscase eliminar o inxerido a través de condutas purgativas.
- Pica: inxírese calquera alimento de maneira compulsiva durante todo o día.
Moitos destes problemas veñen dados por ter unha baixa autoestima, polo que é moi importante aprender a quererse e ter amor propio.
‘Tips’ para mellorar a túa autoestima e a túa situación emocional:
- Pasa tempo contigo, aprende a desfrutar da túa propia compañía e a non precisar de ninguén máis para pasalo ben
- Enfócate en ti: que non che importe pechar vínculos con persoas que te prexudican e ponte como prioridade; ao fin e ao cabo es a única persoa coa que vas estar o resto da túa vida.
- Perdóate a ti mesma/o, practica a autocompaixón: non quedes nos erros que puideches cometer, segue adiante e aprende deles.
- Cando te sintas mal co teu corpo, recorda que ningúen te quere menos porque non cumpras estereotipos e que TODOS os corpos son igual de válidos.
- Aprende novas cousas, a aprendizaxe tamén é reconfortante
- Igual que identificas as túas debilidades, identifica tamén as túas fortalezas e fai uso delas. Aproveita as oportunidades e rompe coas ameazas. (recomendámosche que identifiques o teu DAFO).
Coñecemos outros trastornos mentais
Ademais, existen outros trastornos de conduta menos coñecidos:
- Trastorno bipolar: cambios de humor extremos.
- Trastorno de personalidade: mostras de conduca inadaptativa duradeiros.
- Esquizofrenia: provoca alucinacións, delirios e pensamentos desordenados.
Como podemos axudar a alguén que se atope nalgunha destas situacións?
- Ofrece apoio a esa persoa, faille saber que estás aí e comparte os teus sentimentos para que non se sinta só/soa.
- Non minimices os seus problemas.
- Presta atención aos sinais: afirmacións como “quero morrer”, aumento do consumo de alcohol ou drogas, cambios na súa personalidade, se queren deixar asuntos pechados e se despiden das persoas sen motivo ou desexan estar sós e rexeitan a vida social.
- Non manteñas en segredo a situación desa persoa se cres que está en verdadeiro perigo, busca axuda aínda que a persoa non queira.
Se tes pensamentos suicidas, busca axuda en profesionais, nas túas amizades e familia, ou mesmo en nós (o equipo do xornal); escoitarémoste sen ningún problema encantadas de axudar. Non estás só/soa.
Ademais, deixámosche dous números de teléfono de apoio psicolóxico á xuventude, totalmente anónimos para a atención en crisis de ansiedade, en baixóns, etc.
Télefono da esperanza: 717 003 717
Querotemais Xuventude: 647 018 752
O 024 é a liña de atención á conduta suicida para axudar as persoa. con risco de conduta suicida.
Lúa Blanco Manteiga e María Bello Vázquez – 4º ESO