Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: accidente

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos
Mesía e comarca

Un camión choca contra unha casa en Cumbraos

O accidente, que se produciu arredor das 15.00, tivo como resultado un ferido grave e importantes danos materiais. Lugar do accidente Por: Javier López e Rodrigo Cao Un camión que circulaba pola N-634 desviouse e bateu contra unha casa situada ao pé da estrada. Co impacto, a cabina do vehículo acabou dentro da vivenda, onde reside unha señora de 80 anos que nese intre estaba durmindo. O inmoble sufriu severos danos materiais, xa que se derrubaron as paredes de dous dos seus cuartos. Afortunadamente, a cisterna do camión, que se destina ao transporte de leite, ía baleira; ademais, antes de chocar contra a casa, impactou nun poste de electricidade, polo que se reduciu a súa velocidade, evitando que chegase ata o lugar onde se encontraba a señora. O gardarraíl foi baldío nesta sit...
Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda
Mesía e comarca

Dous vehículos colisionan na AC-524 en Xanceda

No accidente, a pesar dos importantes danos que sufriron os vehículos, non houbo feridos de gravidade. Por: Javier López Blanco Vehículos implicados {Fonte: La Voz de Galicia} O suceso ocorreu en Xanceda, no kilómetro 17 da AC-524, nunha pequena recta entre dúas curvas, antes das 8:30 a.m . Unha furgoneta invadiu o carril contrario e acabou impactando contra un turismo que circulaba por ese carril. Os vehículos quedaron moi danados e os seus ocupantes foron trasladados inmediatamente ao hospital, debido a que tanto o condutor da furgoneta como o do coche se queixaban de fortes dores de costas tras o impacto. No turismo viaxaba un ocupante máis que só necesitou atención médica no lugar do accidente. Un dos implicados no sinistro deu aviso ao servizo de emerxencias e dende a ...
Envorca un camión que transportaba restos forestais na estrada que conecta Ordes con Lanzá
Mesía e comarca

Envorca un camión que transportaba restos forestais na estrada que conecta Ordes con Lanzá

As causas do accidente son descoñecidas. O condutor do vehículo atópase ingresado no hospital. Foto do camión implicado no accidente Por Juan Cao O suceso tivo lugar o día cinco de abril entre as catro e as cinco da tarde, cando un camión que  circulaba pola AC-524, estrada que conecta Ordes con Lanzá, envorcou lateralmente e perdeu parte da súa carga. O tráiler circulaba en dirección a Lanzá cando, ao chegar a unha curva situada entre os puntos  quilométricos seis e sete, á altura do Peñasco, envorcou e quedou apoiado no seu lado dereito, o que provocou a perda de parte dos restos forestais que transportaba.  Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e do 112. O condutor do vehículo foi trasladado ao hospital, onde se atopa recuperándose das le...