Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: alcalde

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía
Mesía e comarca

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023. Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal. Total: 1682 Votos en branco: 8 Votos nulos: 15 Abstencións: 465 Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás elec...
Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda  que creamos nas enerxías renovables”
Medio ambiente, Mesía e comarca

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía: “O concello sempre estará en contra da implantación dos eólicos, aínda que creamos nas enerxías renovables”

Desprazámonos á Casa do Concello de Mesía para entrevistar e coñecer un pouco máis a fondo ó actual alcalde , Mariano Iglesias Castro, que desempeña o cargo desde 2007. Por: Rodrigo Cao e Pablo López Ten vostede pensado volver a presentarse ás eleccións municipais? Coido que iso non depende só de min, depende do feito de que os meus compañeiros de grupo consideren que sigo sendo a persoa axeitada e, se a saúde me acompaña, probablemente me presente. Unha das maiores preocupacións da veciñanza deste concello e de concellos limítrofes é o parque eólico que se quere implantar en parte do noso municipio. Que opina vostede respecto a este tema? O concello sempre estivo, está e estará en contra da implantación dos eólicos no noso concello, non porque non crea na...