Demolen a torre de refixeración da central térmica de Meirama
A torre de refixeración da central térmica de Meirama foi demolida o pasado 21 de decembro tras dous anos inactiva. Central térmica de Meirama Por: Javier López e Rodrigo Cao A operación activouse ás tres da tarde. Un operativo de seguridade impediu a circulación pola estrada N-550 (entre Ordes e o Mesón do Vento) e obrigou os veciños do arredor a desaloxar as súas vivendas por preucaución. A cheminea foi reducida a cascallos mediante unha explosión controlada; en menos de 10 segundos a torre desapareceu, e dela só quedaron restos de formigón e historia. A demolición desta estrutura, construída hai 42 anos, vai marcar un antes e un despois, xa que desaparecerá un símbolo dunha era, a célebre cheminea que marcou a paisaxe de dúas comarcas. Derrumbamento da torr...