Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Concello de Mesía

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía
Mesía e comarca

O PSOE vence con maioría absoluta nas eleccións municipais en Mesía

Mariano Iglesias Castro, alcalde de Mesía, gañou de novo con maioría absoluta as eleccións 2023. Por: Javier López, Miguel Pernas e Pablo López Nas eleccións municipais celebradas o pasado 28 de maio rexistrouse no concello de Mesía unha participación do 78,34% do censo, cun total de 1682 votos contabilizados. Os resultados ofreceron algúns cambios respecto á pasada lexislatura. Así, o PSOE perdeu un escano, pois contaba con 9 e agora quedará con 8; o PP gañou un representante, polo que pasará a contar con 2; por último, o BNG, mantense na situación anterior, cunha única concelleira na corporación municipal. Total: 1682 Votos en branco: 8 Votos nulos: 15 Abstencións: 465 Distribución de votos e escanos entre as tres candidaturas que se presentaron ás elecc...
O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.
CPI Xanceda, Igualdade, Mesía e comarca

O alumnado do CPI de Xanceda realiza unha andaina o 25 de novembro para manifestar o seu rexeitamento á violencia machista.

No Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, alumnado e profesorado camiñaron ata a Casa do Concello, onde leron un manifesto. Rapazas e rapaces de E. Infantil, Primaria e ESO coas súas pancartas. Por: Yaiza Lareo Gómez e Sara Martínez Quindimil No 25 de novembro, día no que se loita contra a violencia machista, no CPI de Xanceda realizouse unha andaina dende o instituto ata a Casa do Concello. Este evento comezou ás once da mañá, hora á que alumnado e profesorado saíron do centro. Ao chegar ao concello, preto das once e cuarto, as rapazas e rapaces de Educación Infantil e Primaria formaron a frase "Querémonos vivas" con grandes letras decoradas ao seu gusto. O alumnado da ESO fixo pancartas que contiñan frases como: "Se doe non é amor" , "...
Proximamente abrirase no Concello de Mesía o Arboretum Ecolóxico
Medio ambiente, Mesía e comarca

Proximamente abrirase no Concello de Mesía o Arboretum Ecolóxico

Un xardín botánico específico para especies autóctonas galegas e que agora mesmo conta con 28 diferentes. Por Sabela Martínez Trátase dunha iniciativa xurdida no 2020 e subvencionada directamente como proxecto senlleiro por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural). A súa inauguración aínda non conta cunha data oficial pois, segundo Pilar Sánchez, concelleira de Cultura: “debemos ter paciencia e esperar a que as árbores estean o suficientemente desenvoltas para que se diferencien con máis facilidade”. Estará ubicado no Pico de Cumbraos, cerca do depósito de auga da traída municipal. Este contorno tamén foi seleccionado para futuros proxectos divulgativos que se elaborarán no recinto do Arboretum, o cal tamén contará cun invernadoiro e unha caseta con mostras das diferen...