Dores Díaz Rifón, profesora do CPI de Xanceda: “Do CPI de Xanceda destacaría a relación de proximidade que se establece co alumnado e a tranquilidade que se respira no colexio.”
O alumnado de 4 ESO realiza unha entrevista moi persoal á que foi a súa profesora, Dores Díaz Rifón, durante o ensino secundario e revisan como xurdiu a idea do xornal dixital P (r) ensamos. Gustaríanos revisar como xurdiu a idea de crear un xornal no colexio e como evolucionou esta publicación; así as persoas que nos lean coñecerán os inicios. O xornal dixital P(r)ensamos xurdiu da idea dunha alumna, Alba, que me propuxo que fixésemos un xornal no colexio, en papel. A partir de aí, comezamos creando un grupo de redacción, formado por alumnado de diferentes cursos e, pouco a pouco, fomos perfilando os obxectivos que queriamos acadar. Para darlle forma ao proxecto, démonos conta que nos viría moi ben a colaboración dunha persoa especialista na materia e, así, contactamos con Moisés Ál...