Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: cultura

Francisco Fernández Del Riego
Cultura

Francisco Fernández Del Riego

Por: Alba Fiaño e Jennifer López O pasado mércores 17 de maio celebrouse o día das letras galegas. Cada ano, este día adícaselle a unha persoa que destacase pola súa creación literaria ou pola defensa do galego. Este ano 2023 dedícaselle a Francisco Fernández del Riego. Francisco Fernández del Riego naceu en Lugo o 7 de xaneiro de 1913 e morreu en Pontevedra o 26 de setembro de 2010. Foi un narrador, escritor e editor galego. Comezou a estudar a carreira de Dereito en Madrid en 1930 e rematouna en Santiago de Compostela no ano 1934. Ao comezar guerra civil, en 1936, alistouse para evitar ser represaliado polas súas actividades políticas e, cando rematou, instalouse en Vigo. En 1992 publicou un libro chamado “O cego de Pumardedón” no que conta a través da ficción as súas vivenci...
As novidades da lei educativa LOMLOE no Ensino Secundario
CPI Xanceda

As novidades da lei educativa LOMLOE no Ensino Secundario

A lei educativa LOMLOE trae con ela moitos cambios a partir deste curso 2022/23. Estes repercuten nas materias, nas avaliacións e nos Programas de Diversificación Curricular. Alumnos e alumnas de 4º da ESO. POR: Sara Martínez Quindimil, Lucas Rodríguez Quindimil e Vítor Sánchez Mira. A nova lei LOMLOE (Lei Orgánica de Modificación da LOE), que foi aprobada o 29 de decembro de 2020, afecta a todos os niveis de ensinanza excepto o universitario; porén, si afecta ao acceso á universidade. As que se expoñen a continuación son as modificacións máis destacadas que se producen na ESO (Educación Secundaria Obrigatroria). No referente ás materias: Desaparece a diferenza entre Matemáticas Académicas e Matemáticas Aplicadas en 3º da ESO, pero séguese mantendo en 4º da ESO. A materia d...
O alumnado de Cultura Científica do CPI de Xanceda crea unha conta de Instagram para a divulgación científica
CPI Xanceda, Cultura, Medio ambiente

O alumnado de Cultura Científica do CPI de Xanceda crea unha conta de Instagram para a divulgación científica

Os alumnos e alumnas de cuarto da ESO levan a cabo o proxecto no que pretenden publicar periodicamente artigos relacionados coa ciencia. Por: Juan Cao e Alba Fiaño A conta é pública desde mediados de outubro deste ano co usuario: @cucixanceda. Durante este tempo, foise ampliando o seu contido cada semana. Nela inclúense datos, curiosidades e novas do ámbito das ciencias e da tecnoloxía. A día de hoxe conta con máis dunha vintena de publicacións relacionadas cos temas que se van tratando no currículo da materia. Polo de agora conta con artigos relacionados co universo e co medio ambiente, que se irán ampliando a medida que avance o curso escolar. Mediante esta ferramenta preténdese dar a coñecer as ciencias, facer divulgación e achegar a ciencia e a tecnoloxía a todas as persoas...
O podcast do alumnado de 4º de ESO: A cámara escura
CPI Xanceda, Cultura

O podcast do alumnado de 4º de ESO: A cámara escura

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO formaron parte dun obradoiro de teatro nos días 25 e 26 de abril, no cal crearon un podcast inspirado no libro de José Luis Baños de Cos chamado "A cámara escura". Portada podcast "A cámara escura" en Spotify Esta iniciativa foi levada a cabo polo Departamento de Orientación. A este obradoiro acudiu o autor do libro, Pepe Baños de Cos , que nos orientou sobre a obra e os seus personaxes, e tamén estivo o seu compañeiro Roberto, que nos axudou no ámbito da actuación e gravación. As sesións estiveron divididas en dous días, de tres horas cada unha, nas cales fixemos o seguinte: No 25 de abril, o primeiro día, elaboráronse unha serie de exercicios para sentirse máis solto a hora de interpretar un personaxe. Entre eles houbo algúns xogos, como compar...