Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: curtis

As nosas feiras. Unha viaxe ao pasado
Cultura, Mesía e comarca

As nosas feiras. Unha viaxe ao pasado

O pasado 9 de decembro visitamos a feira de Curtis e comprobamos como as feiras continúan a ser un encontro comercial e social de relevancia no noso rural. Ademais, puidemos falar con Francisco Mariño Sanmartín, tratante de gando nado neste Concello, que nos aportou información moi valiosa sobre a historia das feiras. Por: Adriana García Cruz, Sara Sanjurjo Bra, Xoel Sánchez Rodríguez. As feiras son reunións públicas destinadas ao intercambio ou á compravenda de produtos, que resisten na actualidade e que estiveron na base do desenvolvemento e consolidación dalgunhas vilas galegas durante o século XIX e comezos do XX. Así foi o caso dunha vila da nosa contorna, Curtis, que acolleu as feiras máis importantes da comarca durante décadas. Estas continúan a celebrarse os días 9 e 23 d...