Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: Deportes

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada
Deportes, Mesía e comarca

Celébrase en Visantoña o primeiro “derbi” da tempada

Partido disputado no campo de futbol das Brañas, Visantoña. Por: Sara Martínez Quindimil e Lucas Rodríguez Quindimil Este domingo 26 de novembro disputouse o partido máis esperado no noso concello. Trátase do primeiro derbi, o primeiro Visantoña - Mesía desta nova tempada. O encontro comezou ás 16:15 da tarde, e con el a tensión, pois se algo caracteriza os nosos "derbies" é a rivalidade deportiva, as ansias por competir e gañar. Dos últimos catro encontros disputados, un gañouno o C.F. Visantoña, noutro houbo un empate e os demais tiveron un resultado favorable para o C.D. Mesía. Porén, co resultado deste último, iguálanse as vitorias entre os dous equipos. En efecto, o partido decidiuse a favor do C.F. Visantoña, cunha diferenza de dous goles a cero. No minuto 31 do primeir...
Torneos solidarios en Visantoña
Principal

Torneos solidarios en Visantoña

Final do torneo: Betanzos CF - Sporting Cambre Por: Sara Martínez Quindimil O sábado 30 de setembro e o xoves 12 de outubro tiveron lugar en Visantoña dous torneos de fútbol solidarios: un en categoría alevín (fútbol oito) e outro en categoría veterana (fútbol once e fútbol sete). Os fondos recadados serán destinados para axudar a Sergio co seu tratamento. Sergio é un rapaz de 17 anos que vive en Olas, Mesía, o concello ao que pertence a nosa escola. Este neno é unha das tres persoas de España que padecen unha enfermidade rara chamada paraparesia espástica tipo 50 (SPG50). Esta doenza neuromuscular dexenerativa produce síntomas como: déficit cognitivo, espasticidade progresiva, que provoca dificultade para camiñar e para falar, e ataques epilépticos, nalgúns casos. Pero, se accede á ...