P(r)ensamos volverá en setembro
As alumnas de cuarto da ESO queremos despedirnos do centro, pero cedemos o testemuño aos novos compoñentes da redacción. O equipo de P(r)ensamos de 4º da ESO queremos despedirnos do resto do equipo do xornal e mais de todas as persoas do colexio que nos acompañaron durante este período tan importante da nosa vida. Participar neste proxecto foi unha experiencia que ningunha de nós esquecerá, ao igual que o noso paso polo centro. Queremos dar as grazas a todos e todas as que nos acompañastes durante a nosa estancia no colexio: aos mestres e mestras, aos cociñeiros e cociñeiras, ás limpadoras, ao conserxe, ás orientadoras, e con respecto a este proxecto, queremos agradecer a Dores e Moisés o feito de darnos esta oportunidade. Con este artigo, cedemos o testemuño aos nosos compañeir...