Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: ecoloxismo

Proximamente abrirase no Concello de Mesía o Arboretum Ecolóxico
Medio ambiente, Mesía e comarca

Proximamente abrirase no Concello de Mesía o Arboretum Ecolóxico

Un xardín botánico específico para especies autóctonas galegas e que agora mesmo conta con 28 diferentes. Por Sabela Martínez Trátase dunha iniciativa xurdida no 2020 e subvencionada directamente como proxecto senlleiro por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural). A súa inauguración aínda non conta cunha data oficial pois, segundo Pilar Sánchez, concelleira de Cultura: “debemos ter paciencia e esperar a que as árbores estean o suficientemente desenvoltas para que se diferencien con máis facilidade”. Estará ubicado no Pico de Cumbraos, cerca do depósito de auga da traída municipal. Este contorno tamén foi seleccionado para futuros proxectos divulgativos que se elaborarán no recinto do Arboretum, o cal tamén contará cun invernadoiro e unha caseta con mostras das difere...