Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: enquisa

Máis da metade do alumnado do CPI de Xanceda que presenciou situacións de acoso escolar non soubo como actuar
CPI Xanceda

Máis da metade do alumnado do CPI de Xanceda que presenciou situacións de acoso escolar non soubo como actuar

Unha enquisa levada a cabo entre o alumnado revela como reaccionan ante situacións de acoso escolar. Por: Estela Couselo, Adriana García, Sofía Rico, Sara Sanjurjo e Sabela Varela A enquisa fíxoselle a un total de 85 alumnas e alumnos: 39 de 5º e 6º cursos de E. Primaria e 46 de todos os cursos da ESO. Entre o alumnado participante no cuestionario, obsérvase que un 20% nalgún momento da súa permanencia no centro sufriu acoso escolar, mentres que a maioría, 0 80%, afirma o contrario. Entre as vítimas, un 53% decidiron non contarllo a ninguén, mentres que o 47% si decidiron poñelo en coñecemento doutras persoas. Respecto ás razóns polas que aqueles alumnos ou alumnas que sufriron acoso decidiron non contarllo a ninguén, hai respostas variadas: o 8% sent...