Helen Roca: “Ese espíritu de superación que conseguín foi o que máis me marcou”
Helen Roca é unha ex-xogadora de rugby de 45 anos da Coruña. Campioa internacional 45 veces e europea 2 veces. Na actualidade, imparte actividades deportivas variadas, dende os máis cativos aos máis vellos, no Concello de Mesía. Por Selma Blanco, Carme Roel, Martina Carro e Gloria Iglesias Que te levou a ser deportista? De pequena sempre me gustaba estar movéndome e xogando na praia ou no prado. Ademais, meus pais levábanme a facer moitas actividades deportivas, polo que, unha vez que me somerxín no mundo do deporte, puiden ir escollendo as modalidades que máis me gustaban e me chamaban a atención: practiquei natación, judo, tenis, fútbol sala, voleibol e rugby. Segues xogando ao rugby? Non sigo xogando, pero en ocasións fago adestramento. Comecei cando estaba na uni...

