Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: excursión

Visita ás Fragas do Eume
CPI Xanceda, Medio ambiente

Visita ás Fragas do Eume

O martes día 7 de maio o alumnado da ESO realizamos unha saída ás Fragas do Eume para facer unha ruta e visitar o mosteiro de San Xoán de Caaveiro. A ponte e o mosteiro de Caaveiro, nas Fragas do Eume. Por: Uxía Cernadas Pérez, Miguel González Cabana e Alba Sánchez García Comezamos saíndo do colexio arredor das 10:00. Fomos en dous autobuses, nos cales íamos divididos por cursos: primeiro e segundo nun autobus e terceiro e cuarto noutro. Esta excursión foi organizada polo Departamento de Relixión polo que nos acompañou Marisé, profesora desa materia, e tamén viñeron connosco Sandra e Víctor, ambos os dous profesores de Xeografía e Historia. A visita comezou nunha casa vendo un vídeo sobre as especies que podiamos encontrar pola zona. Entre elas encontrábanse x...
Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda
CPI Xanceda

Viaxe de estudos a Londres do alumnado do CPI de Xanceda

Do 19 ao 24 de marzo, a rapazada de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI de Xanceda tivemos a oportunidade de visitar a cidade británica de Londres e coñecer mellor a súa cultura e o seu idioma Por: Juan Cao Grupo de 3º e 4º de ESO O domingo dezanove de marzo, ás dez e media da mañá, tomaba voo o avión que nos levaría a unha viaxe inesquecible para todo o grupo, chea de experiencias, paseos pola cidade, visitas a monumentos e atraccións e viaxes en metro; pero, sobre todo, risas e diversión. Chegamos á cidade e fomos directamente ao hotel para desfacer as maletas. Deseguido, achegámonos ao mercado de Candem para pasar a tarde e, á beiriña da noite, fomos a Piccadilly Circus, onde contemplamos as grandes pantallas cheas de cores e luces. Para rematar o día, ceamos en China Town...
Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela
CPI Xanceda, Cultura

Alumnado da ESO visita a cidade de Santiago de Compostela

O día 20 de marzo o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO do CPI de Xanceda visitamos Santiago para coñecer a historia da cidade e a catedral Por: David Pérez Alumnado de 1º de ESO nas cubertas da catedral de Santiago. A visita dividiuse en tres partes: na primeira percorremos as rúas máis coñecidas de Santiago; na segunda, coñecemos as cubertas da catedral e, por último, vistamos o seu interior. Durante a visita á cidade de Santiago, realizamos unha andaina polas rúas do casco histórico, acompañada dunha explicación da profesora de Historia sobre a arquitectura de diversos edificios, así como a historia dalgunha rúa moi coñecida, por exemplo, a Rúa Nova. Tamén nos detivemos nalgunhas casas destacadas, que na súa fachada contiñan escudos que indicaban a que estamento pertencían; por ...
Alumnado de Xanceda e da Rúa de Valdeorras únense para visitar a cidade de Lugo e asistir ao Festival de Teatro Grecolatino.
Principal

Alumnado de Xanceda e da Rúa de Valdeorras únense para visitar a cidade de Lugo e asistir ao Festival de Teatro Grecolatino.

A saída didáctica incluíu a visita a algúns lugares de interese, como o Museo Provincial ou o Vello Cárcere de Lugo. Ademais, o alumnado dos dous centros levou a cabo un percorrido polo adarve da muralla romana . Por: Javier López, Sara Martínez e Miguel Pernas O pasado martes 7 de marzo, os departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega do CPI de Xanceda organizaron unha saída didáctica a Lugo para o alumnado de 3º e 4º de ESO. O grupo partiu do colexio ás 9.30, a onde regresaron ás 19.15. A primeira visita foi ao Museo Provincial de Lugo, onde o alumnado de Xanceda non estivo só, xa que os acompañaron alumnos e alumnas do IES Cosme López, da Rúa de Valdeorras. Unha vez dentro, o grupo de Xanceda participou nun roteiro literario, para o que tiveron que completar un cues...
Visita ao laboratorio do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
CPI Xanceda

Visita ao laboratorio do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)

O día 9 de xuño o alumnado de 4ºESO do CPI de Xanceda visitaron o laboratorio do CHUS. Por: Antía López A visita dividiuse en dúas partes: na parte inicial da visita fomos á área de endocrinoloxía e na segunda ao laboratorio de oncoloxía. Na área de endocrinoloxía faláronnos das células musculares, ensináronnos imaxes para vermos como é unha rotura de fibras musculares. Tamén nos mostraron como podemos diferenciar o sangue con anticoagulante e sen el. A continuación, puidemos realizar unha práctica que consistía en traspasar mostras de analíticas dun recipiente a outro. Na segunda parte da visita, xa no laboratorio de oncoloxía, aprendemos, a través dunha breve presentación, como se desenvolve o cancro a nivel celular e as súas principais causas. Deste xeito podemos saber...
Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca
CPI Xanceda

Viaxe do alumnado de 4º ESO a Mallorca

Do día catro ao seis de maio, o alumnado de 4º ESO realizamos unha viaxe de fin de curso á illa de Mallorca,. Foron uns marabillosos dias nos que tivemos o pracer de visitar numerosos lugares da illa. Por: Claudia Regueiro e Selma Blanco No segundo día da nosa excursión por Mallorca, comezamos a coñecer as partes máis agochadas dailla. COVAS DO DRACH Situadas en Porto Cristo, na costa oriental de Mallorca, estas covas de 1200m de lonxitude e unhaprofundidade de 25m son un gran atractivo para quen as visita. Ademais, puidemos gozar da súabeleza acompañada dun concerto de música clásica en barcas, nas que posteriormente atravesamos o lago subterráneo. TRAVESÍA EN CATAMARÁN E RUTA POR PALMA Navegamos pola costa mallorquina durante horas. Fondeamos perto da Cala Vella...
Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro
CPI Xanceda, Cultura

Visita do alumnado da ESO á Casa Museo Rosalía de Castro

O alumnado de 1º 2º e 3º da ESO fomos de excursión á Casa da Matanza en Padrón, lugar onde viviu a poeta Rosalía de Castro antes do seu pasamento. Por: Juan Cao Estatua de Rosalía de Castro na Casa da Matanza "Quen ten casa de seu ten media vida."Rosalía de Castro, Follas Novas O mércores vinte e sete de abril, o alumnado da ESO do CPI de Xanceda, tivemos a oportunidade de visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Nela puidemos ver o lugar onde viviu ata a súa morte e entender mellor como foi a súa vida. No museo vimos unha gran variedade de documentos da época, algúns cadros pintados polo seu fillo e moitas pertenzas da autora que nos axudaron a coñecer mellor a súa vida e entender mellor a súa obra. Ademais, desfrutamos do xardín da casa onde había moitas esp...