Eu ó teu país fun brillar / e soltáchesme a noite para que me trabase (Lucía Aldao)

Etiqueta: histórico

Proxecto sobre a Memoria Democrática: A voz da historia.
CPI Xanceda

Proxecto sobre a Memoria Democrática: A voz da historia.

Por: Alba Carro e Martina Carro Os alumnos/as de 3º e 4º da ESO do CPI de Xanceda levamos a cabo unha actividade sobre a Memoria Democrática, na que nos dedicamos a facerlles preguntas a persoas represaliadas ou que tiveran algunha historia que contarnos en relación coa ditadura franquista. O proxecto foi organizado por AGARESO e financiado polo Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. Unha vez feitas as entrevistas ás persoas informantes, creamos dous podcast, un en cada grupo, coa axuda de Verónica. Ela forma parte de AGARESO, unha asociación de xornalistas na que traballan polo cambio social en Galicia. Neste proxecto, centrado no papel das mulleres da época, traballamos con persoas do concello de Mesía e arredores, que nos contaron numerosas h...